DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE
O impartir esta actividade pretendemos difundir algunhas das ferramentas que poden empregarse para formar os máis cativos en novas tecnoloxías. Empregando os gustos en videoxogos, internet, debuxar, dispositivos móbiles, ... Dos máis pequenos conseguiremos que se interesen por actividades que desenrolarán o pensamento analítico polo que tamén o pensamento crítico a hora de levar a cabo os pequenos proxectos e como calquera traballo feito por un mesmo axuda a fortalecela autoestima e mellorala tolerancia e afrustración o traballar en gran grupo apoiándose nos compañeiros e elaborando diferentesestratexias de traballo. As ferramenta que empregaremos neste curso son:
- Lightbot: Un pequeno videoxogo co que os cativos poderán iniciarse na programación. Xogaremos e reproduciremos os escollos que atopan os rapaces a hora de utilizalo.
- Scratch: Unha aplicación web na que os rapaces poderán crear os seu propios videoxogos. Aprenderemos a empregala e faremos uns exemplos adaptados para os nenos. Crearemos unha conta de usuario e realizaremos as practicas polo que os rapaces comezarán coa aplicación. Actividades:
- Animación dun personaxe.
- Control do personaxe.
- Creación dun semáforo.
- Realización do videoxogo do Pong.
- Realización do videoxogo de marcianos.
- App Inventor: Aplicación web que permite crear aplicacións para moviles. Realizaremos as seguintes practicas:
- Galería de imaxes
- Calculadora
- Reciclaxe de compoñentes: Veremos uns exemplos doados nos que poderemos crear pequenos robots empregando compoñentes procedentes da reciclaxe.
- Realidade Aumentada: Creación de pequenos trebellos empregando a reciclaxe como principal suministrador de compoñentes. Veremos algúns exemplos que dean ideas o alumnos para realizar na casa coa axuda dos máis pequenos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario