Edición Dixital

OBRADOIRO BÁSICO DE CREACIÓN E EDICIÓN DIXITAL

Obradoiro no que os alumnos/as aprenderán os conceptos básicos da creación e edición dixital. Os obxectivos, pasarán pola consecución duns mínimos coñecementos críticos e teóricos para analizar a realización de calquera producto audiovisual, traballando elementos como guión, escaleta, planos e a edición de video.No apartado informático traballaremos co programa Openshot Video Editor. O número de sesións plantexadas serían 4, cunha duración prevista de 2 horas cada unha.
1º sesión
Nesta sesión os alumnos aprenderán a diferenciar diferentes tipos de plano, movementos de cámara e os rudimentos para elaborar unha escaleta ou guión.
2ª sesión.
Inicio no programa Openshot Video Editor. Analizaremos o entorno de traballo deste programa e as diferentes posibilidades que nos ofrece.
3ª sesión.
Sesión práctica na que verán como se pasa na práctica o que está planexado no guión ao campo da edición. Farase unha pequena montaxe e edición, para que poidan plantexar dúbidas. Comezarán a traballar nunha historia ideada por eles.
4ª sesión
Dúbidas sobre como levar á práctica con éxito a historia plantexada en cada aula.

No hay comentarios:

Publicar un comentario