APLICACIÓNS MÓBILES NO SECTOR GANDEIRO

No marco da celebración da Semanade Internet 2018 (14 ao 19 de maio), a Federación de Escolas Familiares Agrarias de Galicia (EFA) organiza unha xornada informativa para os cidadáns que traballan e/ou viven no medio rural. Trátase da PRESENTACIÓN DE APLICACIÓNS MÓBILES ÚTILES PARA O SECTOR AGROGANDEIRO, un software de xestión orientado aos traballadores deste sector, de carácter gratuíto e de acceso libre. Esta xornada será impartida por un dos responsables do proxecto, Xosé Manuel Campos e ten como obxectivo dar conta, no ámbito do noso rural, das distintas solucións dispoñibles así como das ventaxes de empregar as ferramentas informáticas para a xestión, o control e a comunicación das actividades vinculadas ao sector agrogandeiro introducindo as novas tecnoloxías e o software libre nas empresas deste sector.

No hay comentarios:

Publicar un comentario